lunes, 6 de abril de 2015

Os mamíferos son animais vertebrados, ao igual que os anfibios, os réptiles, as aves e os peixes. A simple vista diferéncianse destes outros animais ao ter os mamíferos pelos na superficie do corpo. Na maioría das especies de mamíferos, non en todas, as femias posúen mamas polas que sae o leite con que alimentan as súas crías. Certo que todas as especies posúen glándulas mamarias e que todas alimentan os seus recén nacidos co leite que se xera nestas glándulas, non obstante, hai especies que non teñen mamas. Por suposto, existen moitas outras diferenzas internas entre os mamíferos e outros vertebrados, pero iso non axuda, non moito digamos, para distinguilos a simple vista.